Voltar atrás

Escrito o:

Emprega-T Fest | Punto de encuentro de las empresas con el talento

O Concello de Lugo, xunto coa área de Orientación Laboral do Campus Terra da USC así como a Asociación de Empresarios do Polígono de Ou Ceao - As Gándaras organiza o festival de talento "Emprega-T Fest - Punto de encontro das empresas co talento", co obxectivo de potenciar as oportunidades laborais das persoas demandantes de emprego ou con ganas de mellorar a súa situación profesional así como facilitar a procura e contratación de traballadores por parte de empresas con necesidade de cubrir postos de traballo.

Esta actividade terá lugar o xoves, 19 de setembro de 2024, na Praza Horta do Seminario, en horario de 10:00 a 19:00 horas. 

O evento estará estruturado da seguinte maneira:

  • Casetas expositivas onde as empresas presentarán a súa oferta de RR.HH e como desenvolver a carreira profesional dentro delas.
  • Zona de entrevistas rápidas ou Speed Dating. Neste espazo celebraranse entrevistas dunha duración de 15 minutos entre empresas e candidatos/as. Para poder candidatar a estas entrevistas, será necesario inscribirse previamente ás ofertas presentadas polas empresas na ligazón que se enviará proximamente. 
  • Mesas redondas e talleres formativos vencellados ao mercado laboral.


Tamén se contará cunha zona Gastro Fest con sesión vermú e food trucks e a partir das 19:00 h, foliada con música en directo.

PARTICIPACIÓN EMPRESAS

Ao longo desta xornada, que se celebrará  de 10:00 a 19:00 horas, as diferentes empresas participantes poderán proporcionar información aos asistentes acerca da súa actividade, os perfís que están buscando incorporar e as oportunidades de desenvolvemento de carreira que poden ofrecer.
 
Paralelamente, habilitarase un espazo no recinto para entrevistas rápidas baixo a modalidade de speed dating co obxectivo de conseguir un match laboral e tempo record. Para elo, será necesario que con anterioridade, as empresas inscriban as súas ofertas en: https://empregat.arquivalugo.gal/ . As entrevistas terán unha duración de 10 minutos e serán realizadas coas persoas candidatas que as empresas previamente filtraron entre todas as candidaturas inscritas.
 
As empresas interesadas en participar cun espazo/stand, programar e manter entrevistas de traballo de candidaturas previamente inscritas, dar a coñecer ofertas de emprego, ou participar en mesas de dialógo, ponencias, charlas ou talleres formativos, poderán solicitarlo e inscribirse a través  do siguente enlace: https://empregat.arquivalugo.gal/ ata o 17 de setembro ás 14:00 h.
 

MÁIS INFORMACIÓN

CONCELLO DE LUGO

982297361  |    espazolab@lugo.gal | cei@lugo.gal  

USC

982822854 | 982822860 | empregatfest@usc.gal 

Imprimir

Voltar atrás