Voltar atrás

Escrito o:

DÍPTICO | Gas radón no ámbito laboral, deberes preventivos

O pasado día 22 de xuño de 2024 entrou en vigor o novo Plan Nacional contra o Radón, que implica determinadas obrigas para as empresas ou titulares de centros de traballo de todos os municipios considerados de actuación prioritaria, que no caso da provincia de Lugo son un total de 56 (todos menos A Fonsagrada, A Pobra do Brollón, Cervantes, Cospeito, Folgoso do Courel, Lourenzá, Navia de Suarna, Pol, Ribadeo, Ribeira de Piquín e Trabada).  

Concretamente, as obrigas empresariais de realizar actuacións preventivas fronte ao gas radón están dispostas no RD 1029/2022 de 20 de decembro, polo que se aproba o Reglamento sobre protección da saúde contra os riscos derivados da exposición ás radiacións ionizantes.

Dende o Gabinete Técnico de Seguridade e Saúde Laboral elaboramos folleto informativo, descargable ao final desta entrada, no que se indican os centros de traballo afectados e se resumen estas obrigas. 

Para máis información e consulta directa de dúbidas ao respecto desta cuestión, lembramos que esta Confederación pon á disposición dos empresari@s de Lugo o seu Gabinete Técnico de Seguridade e Saúde Laboral, co que se pode contactar chamando ao 982 23 11 50 ou enviando consulta vía mail a gabinete.prl@cel.es. 

Imprimir

Voltar atrás