Escrito o:
Encuentro sobre Sostenibilidad y Competitividad en la Empresa | Programa RESPONSABILÍZATE
A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia organiza mañá en Lugo o ENCONTRO SOBRE A SUSTENTABILIDADE E COMPETITIVIDADE NA EMPRESA e sobre o programa RESPONSABILÍZATE, de asesoramento gratuíto integral á empresa.
Este programa inclúe formación e servizos de consultoría gratuítos por parte dun grupo de expertos para desenvolver iniciativas ASG (ambientais, sociais e de gobernanza) adaptadas ás súas necesidades, recursos e prioridades.
Este encontro terá lugar mañá, día 23 de maio de 2024, de 10:30 -12:00 horas, na Asociación de Empresarios de “O Ceao - As Gándaras” (Rúa Leiteiras, s/n, 27003, Lugo) e contará coa presenza de Antonio Armesto, Xerente da Asociación de Empresarios de `O Ceao As Gándaras´; Blanca Romero, Responsable de RSC de Lactalis; M.ª Carmen Castro, Directora Financeira de Ramil Incubación Avícola e Marcos Engroba, Director Comercial e Marketing do Grupo AMSLab, estas dúas últimas son empresas Responsabilízate que contarán a súa experiencia como participantes do programa.
Formulario de inscripción para o evento de presentación do programa: https://forms.office.com/e/Gpw6aWJgTu
Más información sobre o programa disponible na Sede da Xunta: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=TR320B