Voltar atrás

Escrito o:

Encontro sobre valorización enerxética de residuos orgánicos

O INEGA organiza para o vindeiro martes, 26 de abril, a partir das 11.30 horas, un Encontro Enerxético sobre valorización enerxética de residuos orgánicos, que terá lugar no CIFP As Mercedes de Lugo e a través do que quere achegar ao empresariado as posibilidades que presenta a nova enerxía e o apoio que a Administración Autonómica ofrece para sumarse a unha transición enerxética xusta e ordenada. 
 
Contarase coa presenza do vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresas e Innovación, Francisco Conde, e a directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría. Ademais, entidades como Norvento, Agroamb, Sologas , USC e Impulsa Galicia, darán a coñecer as súas iniciativas de modernización enerxética. 
 
Programa descargable ao final desta entrada. Ligazón para inscrición (aforo limitado):  https://appsinega.xunta.gal/eformacion/login/signup.php

Imprimir

Voltar atrás