Voltar atrás

Escrito o:

Guía Práctica do Emprego no Fogar

A Concellería de Muller e Igualdade do Concello de Lugo vén de lanzar a Guía Práctica do Emprego no Fogar para visibilizar os dereitos laborais das persoas empregadas do fogar, así como os pasos a seguir pola persoa empregadora para unha contratación responsable, tomando de base outras publicacións deste estilo difundidas por outros municipios. 

Esta guía (descargable ao final desta entrada) pode consultarse tamén de xeito dixital a través da páxina web do Concello de Lugo (http://concellodelugo.gal/sites/default/files/guia_practica_do_emprego_no_fogar.pdf). Tamén hai exemplars en papel dispoñibles na Casa da Muller (no parque da Milagrosa, en horario de 09:00 a 14:00 horas).

Para máis información, dirixirse ao enderezo electrónico igualdade@lugo.gal. 

Imprimir

Voltar atrás