Voltar atrás

Escrito o:

Camiño de Futuro | Evento en Bóveda

Mañá día 9 de marzo, mércores, está previsto en Bóveda o evento "Camiño de Futuro", unha iniciativa da Xunta coa que colabora a CEL a través da que se organizan 14 encontros divulgativos en materia de innovación en diferentes puntos de Galicia.

Nestes encontros detallarase o "Programa impulso á innovación nas pemes" ou os mapas de apoios á innovación da Xunta, e daranse a coñecer experiencias empresariais próximas de éxito. O "Camiño de Futuro" dá continuidade á iniciativa "Camiño da Innovación", desenvolvida a finais do pasado ano tamén en diferentes puntos do territorio galego. Ambas teñen por obxecto dar a coñecer as oportunidades e axudas en Galicia para impulsar a innovación entre as empresas galegas, e en especial as situadas en contornas rurais. 

Máis concretamente, o encontro informativo terá lugar en horario de 12:00 a 13:35 horas, e contará coas intervencións de Patricia Argerey, directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), ténicos de Igape e GAIN, representante do GDR da zona e xerentes de diferentes pemes galegas con experiencias en materia de innovación de éxito. 

A asistencia é libre, pero é necesario reservar praza a través da seguinte ligazón:

   INSCRICIÓN BÓVEDA 

   MÁIS INFO

Imprimir

Voltar atrás