Voltar atrás

Escrito o:

Acordo CEL - AMSlab

Obxecto do acordo:

Convenio subscrito pola Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) coa empresa Applied Mass Spectrometry Laboratory SLU (AMSlab) para prestación de asesoramento e servizos en materia de medidas de hixiene e desinfección de contornas de traballo fronte á COVID-19 ás empresas integradas na CEL en condicións vantaxosas.

Servizos:

En virtude do acordo, o laboratorio lucense ofertará ás empresas integradas na CEL, en condicións vantaxosas, os servizos de elaboración de protocolo de limpeza por réxime de actividade e paquete ?Control COVID?, orientado á análise de superficies en calquera tipo de negocio e/ou establecemento, en función de cada tipoloxía de negocio e cliente.

Entre as vantaxes ás que optarán as empresas da CEL en función deste acordo atópanse un desconto do 15% na tarifa de recollida de mostras por parte dun inspector de AMSlab; forma de pago dilatada ou asesoramento gratuito en APPCC do negocio ou establecemento, orientado a SARS-COV-2. 

Procedemento parar acollerse:

Se estás interesado en contratar os servizos de AMSlab en virtude deste convenio, contacta connosco no número de teléfono 982231150 para que poidamos acreditar a túa condición de empresa asociada vía certificación á túa atención ou comunicación de datos a AMSlab.

Imprimir

Voltar atrás