Escrito o:
RESOLUCIÓN de 22 de abril de 2020 por la que se invita a las empresas y otros operadores económicos para que manifiesten su interés de acceder a una línea de ayudas a las inversiones para la fabricación de productos relacionados con el COVID-19
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA.- RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2020 pola que se invitan as empresas e outros operadores económicos para que manifesten o seu interese de acceder a unha liña de axudas aos investimentos para a fabricación de produtos relacionados co COVID-19.
Esta invitación do IGAPE está dirixida ás pemes galegas interesadas en acceder a unha liña de axudas para a fabricación de produtos relacionados co COVID-19, coa intención de coñecer as súas intencións de investimento e obter suficiente información para o deseño, alcance e planificación orzamentaria da devandita liña de axudas.
Con carácter previo á adopción da decisión de convocatoria das axudas ábrese un prazo de catro días hábiles desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia para que as pemes que así o desexen poidan comunicar ao Igape propostas de proxectos que poderían levar a cabo e suxestións sobre o marco de axudas a empregar.