Escrito o:
Nota Informativa | Guía de actuación en materia preventiva por causa da COVID-19 nas actividades do metal
As organizacións empresariais e sindicais (Confemetal, CCOO Industria e UXT-FICA), desenvolveron unha Guía de actuación en materia preventiva por causa da COVID-19 no sector metal, descargable ao final desta entrada.
A Guía é de aplicación en todos os centros de traballo nos que se realicen actividades do Sector do Metal ou nas instalacións destes, abarcando as súas directrices tanto a traballadores propios ou de subcontratas, provedores, traballadores autónomos, visitantes ou calquera outra persoa que acuda ou se atope nas instalacións. No entanto, haberá de terse en conta que as empresas e traballadores do Sector do Metal que realicen actividades en obras de construción deberán atender ao tamén disposto na Guía de actuación en materia preventiva no sector da construción, aprobada polos axentes sociais do propio sector.
Para máis información e asesoramento, contactar co Gabinete de Seguridade e Saúde Laboral da CEL (Tel. 982 23 11 50)