Escrito o:
Guía Práctica | ERTEs suspensión por causas económicas, técnicas, organizativas e de produción polo COVID-19
Ao final desta entrada pode descargarse GUÍA PRÁCTICA da CEL sobre ERTEs suspensión por causas económicas, técnicas, organizativas, e de produción relacionadas co COVID-19.
Inclúense tamén para descarga modelos non oficiais para facilitar a xestión deste tipo de ERTEs.
Esta guía foi elaborada polo Departamento Xurídico - Laboral da CEL para facilitar ás empresas de Lugo a xestión dos ERTEs por causas económicas como consecuencia do COVID-19. De forma excepcional, e dadas as actuais circunstancias e difícil situación para todos, ábrese o acceso a esta documentación a todas as empresas de Lugo, asociadas e non asociadas. Prohíbese a reprodución, transmisión, transformación, distribución ou o exercicio de calquera dereito de autor deste documento, total ou parcial, sen a autorización expresa da CEL.