Voltar atrás

Escrito o:

Información de licitación para a construción dunha pasarela peatonal sobre a carretera N-VI, á altura do campo de fútbol Ánxo Carro

Desde o Concello de Lugo están a desenvolver a Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sustentable Integrado (EDUSI), denominada "MURAMIÑAE, DÁ MURALLA AO MIÑO", que simboliza a unión do río Miño coa cidade a través da eliminación de barreiras físicas que impidan dita integración e, á súa vez, a posta en valor do patrimonio cultural, arqueolóxico, histórico e natural da cidade. 

Dentro desta Estratexia, como medida para mellorar a conexión da cidade coa contorna fluvial, vaise a realizar unha obra consistente na construción dunha pasarela peonil sobre a estrada N-VIN, á altura do campo de fútbol Anxo Carro. Este expediente está en fase de licitación, cuxo prazo para que as empresas interesadas e que cumpran os requisitos poidan presentar a súa oferta termina o próximo día 6 de febreiro.

Máis info

Imprimir

Voltar atrás