Voltar atrás

Escrito o:

Acordo CEL - ABANCA

Obxecto do acordo:

Convenio subscrito entre a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e a entidade financeira ABANCA para facilitar ás empresas asociadas á CEL acceso a financiación en condiciónss vantaxosas, así como a outros produtos e servizos ofertados por Abanca..

Servizos e bonificacións:

O novo convenio asinado entre ABANCA e CEL facilita que os empresarios e emprendedores de Lugo accedan a condicións melloradas en:

  • A contratación de produtos tales como leasing mobiilario e inmobilario, préstamos personais e hipotecarios negocio, avales, descontos comerciais, etc.
  • Tarifas personalizadas na alta e mantemento de Terminais no Punto de Venda (TPV).
  • O convenio tamén facilita o acceso ao financiamento do Plan Activamos, asinado coa Deputación de Lugo, que permite atender necesidades de investimento cunhas condiciónss económicas moi competitivas. Este plan contribúe ao desenvolvemento económico e social de Galicia e conta con cinco modalidades: préstamo emprendedores, préstamo novas inversións, préstamo para a mellora da eficiencia enerxética, póliza de crédito para creación de emprego e póliza de crédito avante para circulante.
  • Adhesión ao Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite a autónomos e micropemes disfrutar da exención das comisións da conta, tarxetas e servizos máis usuais a cambio dunha mínima vinculación coa entidade.
  • Outros produtos de Abanca, como Abanca Pay, aplicación móvil para sinatura de operaciónss polos apoderados, avanzado broker on-line, ...

 

Procedemento para acollerse:

As empresas interesadas en obter máis información sobre as condicións concretas do acordo CEL - ABANCA 2019, poden ver o detalle completo do convenio asinado no documento "CEL-Abanca.pdf" que figura no apartado "adxuntos" ao final desta entrada. Para poder acollerse a estas condiciónss teñen que acreditar, mediante certificado expedido pola Confederación de Empresarios de Lugo, a súa pertenza a esta organización empresarial (pode solicitarse por teléfono: 982231150)

Imprimir

Voltar atrás