Voltar atrás

Escrito o:

Xura de Bandeira para persoal civil Lugo

Co obxecto de fomentar e divulgar a cultura da defensa, incrementar o vínculo entre os cidadáns e as súas Forzas Armadas, a Armada organiza, por iniciativa da Subdelegación do Goberno en Lugo e en colaboración co Excmo. Concello de Lugo, un Acto solemne de Xura de Bandeira para persoal civil en Lugo. Terá lugar na Praza Maior da cidade o día 26 de maio de 2018, ás 12:00 horas

É necesaria inscrición previa. O prazo para anotarse permanecerá aberto ata o próximo día 11 de maio. Máis información no cartel descargable ao final desta entrada, así como no número de teléfono 982264445.

Imprimir

Voltar atrás