Voltar atrás

Escrito o:

ACORDO CEL - EQUIFAX ASNEF EMPRESAS

Obxecto do acordo

Acordo subscrito entre a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e EQUIFAX, coa finalidade de que as empresas asociadas á CEL poidan acceder, en condicións vantaxosas, á información de crédito e solvencia dispoñible no Ficheiro ASNEF Empresas para previr a morosidade e mellorar a toma de decisións no seu negocio.

Servizos e condicións

As empresas da CEL interesadas neste acordo, ademais de coñecer a información relativa ao grao de solvencia dos seus clientes -actuais ou potenciais-, poderán examinar a súa carteira de clientes, recibindo avisos ante calquera variación que se produza na devandita carteira, minimizando así o risco de impagados, e mellorando os procesos de recobro de falta de pagamentos en caso de producirse, xa que tamén inclúe a posibilidade de publicar en ASNEF os impagados sufridos.  

Equifax ofrece ás empresas asociadas á CEL o Plan 50 Especial para Asociados CEL, que inclúe:

  • 10 publicacións mensuais no Ficheiro ASNEF Empresas
  • Consultas ao Ficheiro de morosidade
  • Servizo de Vixilancia  de Carteira Morosa
  • Servizo de Vixilancia de Carteira Non Morosa

O acceso ao Ficheiro ASNEF Empresas realízase de maneira en liña, obtendo nunha soa consulta datos relativos ás incidencias xudiciais e reclamacións de organismos públicos, así como de información de publicacións do Boletín Oficial do Rexistro mercantil (BORME).

Con este acordo espérase poder reducir os índices de morosidade empresarial en Lugo e así mellorar os procesos de negocio de todos os Asociados CEL.

Procedemento para acollerse

As empresas interesadas en ampliar información sobre este acordo, poden porse en contacto cos servizos administrativos da CEL (Tel. 982 23 11 50) para máis información e tramitar o contacto con Equifax.

Imprimir

Voltar atrás