Voltar atrás

Escrito o:

CEL - INFOJC

Obxecto do acordo:

Convenio subscrito entre a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e a empresa INFOJC ao efecto de facilitar ás empresas asociadas da organización empresarial lucense acceso a servizos para o cumprimento da súa obrigación legal de control de horarios.

Servizos:

En virtude deste acordo as empresas asociadas á CEL poderán acceder aos servizos especializados de InfoJC en control de horarios, e máis concretamente ao sistema CheckJC de control e xestión de horarios a través dunha plataforma Cloud e por medio de diversas tecnoloxías (códigos QR, RFID, Recoñecemento Facial, Impresións dixitais, DNI electrónico, PC/Tablet, etc), entre outros servizos adicionais.

Para información máis detallada sobre servizos e tarifas, contactar coa CEL no número de teléfono 982 23 11 50.

Procedemento para acollerse:

As empresas integradas na CEL interesadas en acollerse a este convenio haberán de acreditar a súa pertenza á CEL, solicitando certificación da condición de asociado a través do seu Departamento Administrativo (teléfono 982 23 11 50).

Imprimir

Voltar atrás