Voltar atrás

Escrito o:

CEL - CAIXA RURAL GALEGA

Obxecto do acordo:

Convenio subscrito entre a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e a entidade CAIXA RURAL GALEGA ao efecto de facilitar ás empresas asociadas da organización empresarial lucense acceso a financiamento e outros servizos financeiros en condicións vantaxosas.

Servizos e bonificacións:

En virtude deste acordo as empresas asociadas á CEL poderán acceder a un amplo abano de operacións como pólizas de crédito, financiamento de circulante, liñas de desconto comercial, leasing ou seguros, entre outras, tanto a interese variable como a interese fixo. Así mesmo, tamén contempla condicións preferentes en comisións en TPV's para os comercios asociados a CEL.

VER RESUMO

Procedemento para acollerse:

As empresas asociadas á CEL interesadas en información detallada e/ou en acollerse a este convenio haberán de acreditar a súa pertenza á CEL, solicitando esta certificación a través do seu Departamento Económico (teléfono 982 23 11 50).

Imprimir

Voltar atrás