Escrito o:
CEL - RECIKLA2
Obxecto do acordo:
Convenio subscrito entre a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e a entidade Recikla Lugo S.L. ao efecto de facilitar ás empresas asociadas da organización empresarial lucense acceso aos servizos de Recikla Lugo en materia de asesoramento ambiental e xestión de residuos.
Servizos e bonificacións:
En virtude deste acordo Recickla2 Lugo oferta ás empresas asociadas á CEL:
- Asesoramento ambiental especializado gratuíto.
- Tendo en conta a obrigatoriedade de tratamento por parte das empresas dos residuos electrónicos (Raees), xestionarase, tamén con carácter gratuíto, a aqueles asociados da CEL que así o demanden, a recollida dos devanditos residuos, coa emisión dos correspondentes certificados.
- A maiores, e dado que a empresa Recikla2 Lugo S.L. é distribuidora oficial para Galicia dos colectores, papeleiras.. fabricados pola Multinacional Plastic Omnium, os asociados da CEL contarán cun 5% de desconto con respecto ás tarifas de venda ao público dos distintos produtos ofertados na web www.plasticomnium.com.
RECIKLA2 LUGO S.L. é unha empresa que opera como xestor autorizado para a recollida e xestión de residuos de carácter electrónico (móbiles, equipos informáticos... etc), sendo pioneiros en Lugo e provincia na recollida deste tipo de residuos.
Do mesmo xeito son distribuidores en exclusiva para Galicia da empresa Plastic Omnium Medio Ambiente, empresa líder mundial na xestión dos residuos urbanos mediante unha gran variedade de colectores, papeleiras, colectores enterrados e semienterrados, columnas de recollida selectiva, etc..
Trátase dunha empresa comprometida co Medio Ambiente e cun gran espírito innovador, cuxa misión é ofrecer aos seus clientes soluciones ambientais personalizadas de forma eficaz e ao mellor custo, axudándolles a cumprir as súas obrigacións e obxectivos de responsabilidade ambiental. Deste xeito se adecuan ás necesidades dos seus clientes segundo volume, cantidade, calidade e periodicidade de servizo que precisen. Igualmente achegan solucións a calquera outra necesidade que en xestión integral de residuos poidan precisar.
Recikla2 Lugo S.L, conta para un óptimo desenvolvemento dos servizos ofertados cun departamento técnico integrado por sete persoas das cales cinco son enxeñeiros con especialización en medioambiente.
Procedemento para acollerse:
As empresas interesadas en acollerse a este convenio haberán de acreditar a súa pertenza á CEL, solicitando acollerse a este convenio a través dos seus servizos de asesoramento xurídico (teléfono 982 23 11 50).