Escrito o:
CEL - CEPSA
Obxecto do acordo:
Convenio subscrito entre CEPSA e a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) para facilitar o acceso aos empresarios asociados a esta última organización ás tarxertas CEPSA STAR e CEPSA STAR DIRECT, que á súa vez facilitan a obtención importantes descontos por litro de combustible en todas as estacións de servizo do grupo Cepsa.
Tarxeta STAR DIRECT
CEPSA facilita aos asociados da CEL a posibilidade de dar de alta a Tarxeta STAR DIRECT. Esta tarxeta non pode utilizarse como medio de pago, polo que tampouco precisa aval bancario e os seus titulares poderanse beneficiar dos seguintes descontos ao repostar combustible:
- 6 cts. € por litro por todos os consumos de carburante diesel e gasolina STAR realizados en toda a rede de gasolineiras CEPSA.
- 7,2 cts. € por litro para consumos de carburante diesel e gasolina ÓPTIMA realizados en toda a rede de gasolineiras CEPSA.
CEPSA abonará os descontos vía transferencia á conta do cliente con carácter mensual (a día 10 de cada mes), unha vez acumulado un mínimo de 5 euros en descontos.
Tarxeta CEPSA STAR
CEPSA facilita aos asociados da CEL a posibilidade de dar de alta a Tarxeta CEPSA STAR ou CEPSA STAR FLOTAS. Esta tarxeta sí pode utilizarse como medio de pago, polo que neste caso require de aval bancario previo, que é gratuíto nunha serie de entidades bancarias coas que Cepsa mantén acordos (consultar listaxe e máis información sobre condicións do aval na sede da CEL).
O uso deste cartón leva aparellados os seguintes descontos na reposición de combustibles:
- Carburante Diesel STAR: 6 cts. € por litro nas gasolineiras integradas na Rede Colaboradora (consultar listaxe na web de CEPSA) e 4,8 cts. € por litro no resto de gasolineiras da rede CEPSA.
- Carburante Diesel ÓPTIMA: 7,2 cts. € por litro nas gasolineiras da Rede Colaboradora e 6 cts. € por litro no resto de gasolineiras da rede CEPSA.
- Gasolinas: 4,8 cts. € por litro en toda a rede CEPSA.
A maiores, os usuarios da Tarxeta CEPSA STAR poden optar a un amplo abanico de servizos tales como: asistencia en carretera 24 h., servizos de telepeaxe tanto en España como no extranxeiro, entroutras.
Procedemento para acollerse:
É condición básica imprescindible para acceder á contratación dos cartóns de CEPSA que o seu futuro titular sexa asociado da CEL, condición que se acreditará vía certificado expedido por esta organización empresarial. As empresas que causen baixa na CEL deixarán de beneficiarse dos descontos asociados a este acordo comercial.
Máis información sobre beneficios, características e condicións de acceso para a contratación dos Cartóns STAR DIRECT e CEPSA STAR na nosa sede central. Chame ao número de teléfono 982 23 11 50.