Escrito o:
XORNADA | Escenario laboral: novidades e retos
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza, co apoio da Xunta de Galicia e na contorna das actuacións do Diálogo Social en Galicia, a xornada informativa "Escenario laboral: novidades e retos" na que se abordará, da man de expertos e representantes empresariais e da Administración Pública, e desde diferentes puntos de vista, cuestións de actualidade en materia laboral que preocupan ás empresas lucenses.
Máis concretamente, o programa (descargable ao final desta entrada) contempla a participación de Jorge Martín Blanco, técnico do Departamento de Emprego, Diversidade e Protección Social da CEOE, que falará sobre o impacto nas pemes da proposta de redución da xornada laboral; Nicolás González Raposo, xefe de Inspección de Traballo e Seguridade Social en Lugo, que se achegará a como afrontar unha inspección de traballo; Miguel Couto Alonso, asesor técnico de Sinistralidade e Absentismo da Mutua ASEPEYO, que abordará a problemática do absentismo laboral e o control de baixas médicas polas mutuas e Carmen José López, directora territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, que informará sobre axudas á contratación e outros incentivos ao emprego.
A xornada terá lugar o próximo día 27 de novembro, mércores, en horario de 10:30 a 13:00 horas, en formato presencial na sede central da CEL.
As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición, que pode tramitarse a través da seguinte ligazón:
INSCRICIÓN XORNADA ESCENARIO LABORAL ACTUAL: NOVIDADES E RETOS | 27 de novembro de 2024