Escrito o:
XORNADA | PRL amianto e radón
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza para o próximo día 26 de novembro de 2024, martes, unha xornada informativa que se achegará en detalle aos efectos na saúde de amianto e radón, desde novidades normativas en materia de prevención de riscos laborais, a estratexias e medidas de protección e control para a seguridade e a saúde.
A xornada, de carácter presencial e práctico (descargar programa ao final desta entrada), terá lugar en horario de 10 a 13 horas no Hotel Forum CEAO Lugo e contará coas achegas de técnicos especializados en seguridade e saúde laboral así como con pausa networking para intercambio de experiencias entre os asistentes.
Dirixida a traballadores e empresarios, especialmente de pemes, esta actividade divulgativo - formativa ponse en marcha baixo o amparo das axudas para a realización de actividades no ámbito da prevención de riscos laborais en Galicia no exercicio 2024, financiadas pola Xunta de Galicia. A asistencia, por tanto, é gratuíta, pero as prazas son limitadas, polo que é imprescindible reserva a través da seguinte ligazón: