Escrito o:
OBRADOIRO | Como mellorar o acceso a financiamento público?
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza, co apoio da Xunta de Galicia a través da iniciativa Conecta Lugo, un obradoiro práctico de traballo dirixido a facilitar o coñecemento, acceso e aproveitamento das diferentes convocatorias de axudas públicas por parte das empresas da provincia de Lugo.
Este obradoio, de oito horas de duración, terá lugar na sede central da CEL en Lugo os próximos días 21 e 22 de novembro de 2024, xoves e venres, en horario de mañá. Ao marxe do programa infomativo da actividade (que abordará en detalle os diferentes tipos de axudas, como detectalos ou casos de éxito, segundo pode consultarse en arquivo descargable ao final desta entrada), a todas as empresas participantes (máximo 15) facilitaráselles acompañamento individual para valorar o seu caso practico dentro da confidencialidade e entregaráselles un informe un informe personalizado coas principais axudas que encaixan no seu perfil e posible data de publicación.
A asitencia é gratuíta pero, dado que as prazas son limitadas, é necesario inscribirse na seguinte ligazón:
INSCRICIÓN TALLER COMO MELLORAR ACCESO A FINANCIAMENTO PÚBLICO