Escrito o:
XORNADA INFORMATIVA | Conecta Lugo Internacionalización
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza, co apoio da Xunta de Galicia a tavés da iniciativa Conecta Lugo, un foro de traballo en Ribadeo dirixido a fomentar a internacionalización das empresas da provincia de Lugo, especialmente as da zona norte.
O encontro empresarial, que se desenvolverá ao longo da mañá do venres 15 de novembro no Real Club Náutico de Ribadeo, contará con mesas redondas e exposición de casos de éxito, así como representantes de entidades públicas e financieira para informar sobre axudas e vías de financiamento de accións en mercados exteriores.
Entre outros, participarán representantes de empresas como DEXtools, Grupo Forma-T, Villapol Madeiras, Industrial Recense ou Medrar Innovation Office, entre outras, así como de entidades como ABANCA ou o Igape (ver programa completo ao final desta entrada).
A asistencia é gratuíta pero as prazas limitadas, polo que será necesaria reserva a través da seguinte ligazón: