Escrito o:
XORNADA | Nocións básicas de prevención. Afrontar unha inspección de traballo
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza para o próximo día 20 de novembro de 2024, mércores, unha xornada informativa que, baixo o título "Nocións básicas de prevención. Afrontar unha inspección de traballo", busca facilitar o correcto coñecemento por parte dos empresarios da totalidade das obrigas que lle afectan en materia preventiva, así como o correcto coñecemento daquelas cuestións que resulta relevante ter en conta no momento de afrontar unha inspección de traballo, o que ten unha fundamental relevancia de cara á levanza da xestión preventiva da empresa con maior eficacia e eficiencia.
Na xornada realizarase un breve repaso á lexislación vixente en materia de prevención de riscos laborais ou ás modalidades de xestión preventiva e incidirá especialmente nos requirimientos da autoridade laboral en caso de inspección de traballo ou as sancións en caso de incumprimentos (ver programa en pdf descargable ao final desta entrada). Contará para iso coas exposicións dun Enxeñeiro Técnico Agrícola con especialidade en industrias agrarias e alimentarias e titulación adicional como Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais (coas especialidades de Seguridade, Hixiene, Ergonomía e Psicosocioloxía aplicada).
Esta actividade divulgativo - formativa ponse en marcha baixo o amparo das axudas para a realización de actividades no ámbito da prevención de riscos laborais en Galicia no exercicio 2024, financiadas pola Xunta de Galicia.
O Forum CEAO Lugo será o punto de encontro desta xornada, que terá lugar en formato presencial en horario de 10:00 a 13:00 horas, cunha pausa café para networking de traballo, e que está dirixida a persoas traballadoras e empresas, especialmente as pemes.
As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición, que pode tramitarse na seguinte ligazón:
INSCRICIÓN XORNADA NOCIÓNS BÁSICAS PREVENCIÓN. AFRONTAR UNHA INSPECCIÓN DE TRABALLO