Voltar atrás

Escrito o:

XORNADA INFORMATIVA | Sensibilización en igualdade de oportunidades

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza para mediados deste mes a xornada informativa e divulgativa "Sensibilización en igualdade de oportunidades", que se impartirá en modalidade online vía plataforma, a fin de garantir a posibilidade de acceso aos contidos en diferentes horarios e, por tanto, a participación de público interesado.

A plataforma manterase aberta para acceso dos inscritos entre os días 14 e 25 de outubro e, para acceder a todos os contidos habilitados, será necesario conectarse durante un total de seis horas. O obxectivo da xornada é o de sensibilizar en materia de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e sobre outras cuestións de xénero, promovendo unha reflexión que redunde nun cambio de actitudes e valores na nosa sociedade.

Contarase coa relatora Cristina Pérez Vázquez, Licenciada en Psicoloxía, Máster en Prevención de Riscos Laborais, Máster en Dirección e Xestión de Recursos Humanos, Axente de Igualdade de Oportunidades. Cristina Pérez ten 20 anos de experiencia na área de Recursos Humanos, deles 17 anos dedicada a consultoría en para todo tipo de entidades públicas e privadas. Entre os proxectos que desenvolveu ao longo destes anos, destaca a elaboración, asesoramento e negociación de plans de igualdade de oportunidades así como análises de rexistro salarial e auditorias retributivas para empresas de diversos ámbitos e sectores de actividade. Actualmente desenvolve o seu labor en Grupo Isonor.

A xornada enmárcase nas actividades do Gabinete Técnico de Igualdade da CEL, financiado pola Xunta de Galicia e o SEPE.

Máis info e inscricións

Para máis información sobre esta xornada, pode descargarse o programa completo en pdf ao final desta entrada. Respecto das prazas, aínda que a asistencia é libre, é imprescindible formalizar inscrición.

INSCRICIÓN XORNADA SENSIBILIZACIÓN IGUALDADE DE OPORTUNIDADES