Voltar atrás

Escrito o:

WEBINARIO IGUALDADE | Igualdade na empresa privada. Dificultades de implementación dun plan de igualdade.

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza, para o próximo día 27 de setembro de 2024, o webinar "Igualdade na empresa privada. Dificultades de implementación dun plan de igualdade", no marco das actividades do seu Gabinete Técnico de Igualdade, posto en marcha co financiamento da Xunta de Galicia e o Ministerio de Traballo e Economía Social a través do SEPE.

En horario de 10:00 a 13:00 horas, contará coas achegas de destacados expertos en materia laboral, de igualdade e acoso laboral e sexual como os avogados Verónica Suárez e Juan Antonio Frago, de Frago & Suárez; o director de Relacións Laborais de Abanca, Benito Couceiro ou Tomás García Castro, Capitán da Garda Civil e Máster en PRL autor de libros como Más allá del estrés ou Regresar vivo a casa.  

Os relatores abordarán nas súas intervencións temas como o marco normativo para a xestión da igualdade na empresa privada, dificultades prácticas da implementación do plan de igualdade, mesa negociadora, como afrontar unha auditoría retributiva, seguimento e avaliación de plans de igualdade, delitos de acoso laboral e sexual, novidades relevantes do convenio internacional da OIT respecto do acoso, riscos laborais derivados do acoso.  

Máis info e inscricións

Para máis información sobre este webinar, pode descargarse o programa completo en pdf ao final desta entrada. Respecto das prazas, aínda que a asistencia é libre, é imprescindible inscrición para recibir a ligazón de conexión.

INSCRICIÓN WEBINARIO IGUALDADE 27/09