Voltar atrás

Escrito o:

CURSO | Perspectiva de xénero, igualdade e desenvolvemento persoal

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza, no marco do programa de accións formativas dirixidas á capacitación para o desenvolvemento de funcións relacionadas co Diálogo Social e a Negociación Colectiva de 2024, o curso "Perspectiva de xénero. Igualdade e desenvolvemento persoal".

O curso, de 21 horas de duración, ten por obxectivo reflexionar en torno ao papel dos diferentes axentes de socialización respecto a transmisión de roles e estereotipos de xénero e a súa  influencia en relación cos diferentes graos de participación de mulleres e homes nos distintos ámbitos, facilitando os coñecementos necesarios para implementar a perspectiva de xénero en todos eles, favorecendo a igualdade e o desenvolvemento persoal das mulleres (descargar programa completo en pdf ao final desta entrada)

A modalidade de imparticion desta acción, que se impartirá entre o día 5 e 25 de setembro de 2024, é a de teleformación. Está dirixido a empresarios e traballadores de entidades do sector privado, especialmente aqueles de áreas relacionadas coa xestión de recursos humanos e a promoción da igualdade e a conciliación en contornas laborais (descargar programa ao final desta entrada).

As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición que pode tramitarse na seguinte ligazón:

INSCRICIÓN CURSO PERSPECTIVA DE XÉNERO 

NOTA IMPORTANTE: O curso está unicamente dirixido a traballadores en activo de empresas privadas. Non se admiten autónomos (salvo aqueles que o seu traballo estea relacionado co ámbito laboral), nin traballadores de Administracións Públicas nin persoas en situación de desemprego. As inscricións de colectivos non destinatarios non se considerarán válidas.