Voltar atrás

Escrito o:

Accións formativas en Diálogo Social e Negociación Colectiva 2024

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza, no marco do programa de accións formativas dirixidas á capacitación para o desenvolvemento de funcións relacionadas co Diálogo Social e a Negociación Colectiva de 2024, un amplo programa formativo financiado pola Xunta de Galicia e o SEPE que comprende un total de seis cursos para os que abre a partir de hoxe prazo de inscrición en catro deles. Do tres restantes, un xa está pechado e iniciado e os dous restantes abrirán inscricións en próximas datas. 

Estes cursos son moi específicos e están EXCLUSIVAMENTE dirixidos a traballadores en activo de empresas privadas relacionados coas áreas de xestión de recursos humanos e a promoción da igualdade e a conciliación en contornas laborais. Non se admiten autónomos (salvo aqueles que o seu traballo estea relacionado co ámbito laboral), nin traballadores de Administracións Públicas, nin persoas en situación de desemprego. 

Máis concretamente, no marco deste programa, formarase a un centenar de persoas nas seguintes materias:

  • CURSO Plan de igualdade, desarollo, implantación, seguimento e avaliación | Do 31/05/2024 ao 21/06/2024 | INSCRICIÓN PECHADA
  • CURSO Responsabilidade social corporativa | Do 26/06/2024 ao 23/07/2024 | INSCRICIÓN PECHADA
  • CURSO Igualdade retributiva no traballo entre homes e mulleres | Do 01/07/2024 ao 31/07/2024 | INSCRICIÓN PECHADA
  • CURSO Plan de xestión de diversidades LGTBI na empresa | Do 02/09/2024 ao 18/10/2024 | INSCRICIÓN
  • CURSO Protocolo para a prevención e actuación fronte ao acoso no ámbito laboral. Plan de igualdade | Do 02/09/2024 ao 31/10/2024 | INSCRICIÓN 
  • CURSO Perspectiva de xénero, igualdade e desenvolvemento persoal | Do 17/09/2024 ao 07/10/2024 | INSCRICIÓN


Para máis información sobre o programa dos cursos con prazo de inscrición aberto, descargar programas de cada curso en pdf ao desta entrada ou chamar á CEL (982231150).