Voltar atrás

Escrito o:

Formación en Prevención de Riscos Laborais 2024

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) inicia en próximas datas a impartición dunha nova programación en materia de prevención de riscos laborais, organizada, co financiamento da Xunta de Galicia, ao amparo da Orde de 29 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2024.

En total, no marco desta programación formativa impartiranse un total de nove cursos gratuítos, destinados tanto a desempregados como a traballadores e empresarios da provincia de Lugo.

Máis concretamente, a formación de seguridade e saúde deste ano 2024 abordará cuestións como "Prevención de Riscos Laborais e Perspectiva de Xénero"; "Prevención de Riscos Psicosociais"; "Prevención do Risco Químico"; "Saúde, Nutrición e Dietética", "Manexo seguro de carretillas elevadoras" e "Manexo seguro de plataformas móbiles de persoal".

Estas accións formativas, nas que poderán participar máis de 160 alumnos, desenvolveranse entre os meses de xuño e outubro en Lugo, en modalidade de teleformación ou presencial, dependendo da materia. 

Prazas e inscrición

As prazas son limitadas (máximo 15 - 18 alumnos por acción formativa) e cubriranse por orde de inscrición, que está aberta nestes momentos para o catro primeiros cursos, todos eles previstos na modalidade de teleformación (máis información e programas en pdf para descarga ao final desta entrada)


Máis información e consulta de dúbidas a través da CEL (Tel. 982 23 11 50).