Voltar atrás

Escrito o:

FORO | Novos retos en seguridade e saúde laboral

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza para o próximo día 30 de maio o Foro "Novos retos de seguridade e saúde laboral", no que reunirá a diferentes expertos para debater sobre cuestións chave de cara ao futuro na prevención de riscos laborais nas empresas: ter en conta o progresivo envellecemento poboacional, incorporar a perspectiva de xénero ou o cambio climático. 

O Foro ponse en marcha no marco das axudas para a realización de actividades no ámbito da prevención de riscos laborais en Galicia nos exercicios 2023 e 2024, financiadas pola Xunta de Galicia, e contará coas achegas de expertos na materia de entidades como o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, Grupo Isonor, Ibersys ou Clínica Dinán.

O Hotel Méndez Núñez será o punto de encontro dun Foro que se organiza en formato presencial en horario de 9:00 a 14:00 horas (programa en pdf descargable ao final desta entrada).

As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición, que pode tramitarse na seguinte ligazón:

INSCRICIÓN FORO NOVOS RETOS EN SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL