Voltar atrás

Escrito o:

CURSO | Plan de Igualdade, Desenvolvemento, Implantación e Avaliación

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza, no marco do programa de accións formativas dirixidas á capacitación para o desenvolvemento de funcións relacionadas co Diálogo Social e a Negociación Colectiva de 2024, un curso de formación sobre "Plan de Igualdade, Desenvolvemento, Implantación, Seguimento e Avaliación".

Entre outras cuestións, achegarase a conceptos teóricos sobre igualdade (antecedentes históricos, movementos de protesta, etcétera), así como á súa base xurídica, aos aspectos básicos dun Plan de Igualdade, así como ás técnicas para a definición, planificación, desenvolvemento e avaliación de plans e medidas de desenvolvemento en igualdade.

O curso, dun total de 25 horas, terá lugar integramente en modalidade de teleformación entre os días 30 de maio e 24 de xuño de 2024. Está dirixido a empresarios e traballadores de entidades do sector privado, especialmente aqueles de áreas relacionadas coa xestión de recursos humanos e a promoción da igualdade e a conciliación en contornas laborais (descargar programa ao final desta entrada).

As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición que pode tramitarse na seguinte ligazón:

INSCRICIÓN CURSO PLAN DE IGUALDADE, DESENVOLVEMENTO, IMPLANTACIÓN, SEGUIMENTO E AVALIACIÓN 

NOTA IMPORTANTE: O curso está únicamente dirixido a traballadores en activo de empresas privadas. Non se admiten autónomos (salvo aqueles que teñan un traballo relacionado co ámbito laboral), nin traballadores de Administracións Públicas nin persoas en situación de desemprego. As inscricións de colectivos no destinatarios non se considerarán válidas.