Voltar atrás

Escrito o:

Os servizos de innovación do Programa Re-Acciona, a análise nunha xornada na CEL

A sede central da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) acolleu hoxe unha xornada informativa sobre posibilidades de innovación nas pemes e os diferentes servizos que para o desenvolvemento de iniciativas neste ámbito contempla o Programa Re-Acciona do Igape.

Jaime López, secretario xeral da CEL, inaugurou o encontro destacando que “a miúdo confundimos innovación con alta tecnoloxía” e que, con todo “innovar é un concepto moito máis amplo que no mundo empresarial podemos aplicar a olladas diferentes en calquera punto ou área da actividade da nosa empresa”. 
Subliñou así mesmo a importancia de coñecer e aproveitar os apoios públicos que existen para “avanzar no camiño da innovación”, como é o caso dos habilitados por Igape e a Axencia Galega de Innovación a través do Programa Re-Acciona.

A xornada contou coas achegas de consultores especializados en innovación de Álvarez Real e INNPLICA. Concretamente, participaron María José Pérez Vilarelle, consultora en INNPLICA, cunha intervención centrada en "Identificar, deseñar e prototipar produtos e servizos innovadores"; Alberto Álvarez Flores, consultor especialista en Protección da Innovación, avogado e axente da Propiedade Industrial e socio de Álvarez Real, cun relatorio sobre "Protección de patentes, marcas e deseños" ou con Marta Bravos Rábade, consultora especialista en Financiamento e Innovación e socia en INNPLICA que falará de "Como financiar as nosas innovacións".