Voltar atrás

Escrito o:

XORNADA INFORMATIVA | Servizos de Innovación do Programa Re-Acciona

A sede central da CEL (Praza de Santo Domingo, 6-8, 2ª Planta) acolle o próximo día 8 de maio, mércores, de 10:00 a 11:30 horas, unha xornada informativa sobre posibilidades de innovación nas pemes e os diferentes servizos que para o desenvolvemento de iniciativas neste ámbito contempla o Programa Re-Acciona do Igape.

A xornada contará coas achegas de consultores especializados en innovación, así como con representantes da Axencia Galega de Innovación. Máis concretamente, participarán María José Pérez Vilarelle, consultora en INNPLICA, cunha intervención centrada en "Identificar, deseñar e prototipar produtos e servizos innovadores"; Alberto Álvarez Flores, consultor especialista en Protección da Innovación, avogado e axente da Propiedade Industrial e socio de Álvarez Real, cun relatorio sobre "Protección de patentes, marcas e deseños" ou con Marta Bravos Rábade, consultora especialista en Financiamento e Innovación e socia en INNPLICA que falará de "Como financiar as nosas innovacións" (descargar programa completo ao final desta entrada).

As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición, que pode tramitarse NESTA LIGAZÓN.