Voltar atrás

Escrito o:

VIII Premio Peme do Ano de Lugo

Banco Santander e a Cámara de Comercio de Lugo convocan, en colaboración coa Cámara de España e o diario El Progreso, a oitava edición do Premio Peme do Ano. O obxectivo deste certame é recoñecer o labor das pequenas e medianas empresas como xeradoras de riqueza e creadoras de emprego no desempeño do seu labor cotián. 

O prazo de presentación de candidaturas para o premio Peme do Ano 2024 permanecerá aberto até as 20:00 horas (hora peninsular) do próximo 8 de abril.  

A esta nova convocatoria poden concorrer todas as pequenas e medianas empresas da provincia con menos de 250 empregados e cunha facturación inferior aos 50 millóns de euros ao peche do exercicio 2023 que teñan a sede social na provincia de Lugo. 

Ademais da elección da Peme do Ano, o xurado poderá conceder catro accésits nas categorías de Internacionalización, Innovación e Dixitalización, Formación e Emprego, e Peme Sustentable. 

A empresa gañadora concorrerá ao Premio Nacional Peme do Ano 2024, que se fallará no primeiro trimestre de 2025. Igualmente, as empresas gañadoras dos diferentes accésits concorrerán ao Premio Nacional nas súas respectivas categorías.

Como participar 

As empresas interesadas deberán encher o formulario de inscrición que atoparán na web da Cámara de Comercio de Lugo, onde tamén poden consultar as bases do concurso (adxuntas igualmente ao final desta entrada). 

O xurado valorará nas súas deliberacións méritos como a creación de emprego, con especial atención ao emprego indefinido; as accións de formación para os empregados; a internacionalización da empresa; as iniciativas de dixitalización e innovación, así como os proxectos sustentables nos que participaron. 

MÁIS INFO E CANDIDATURAS