Escrito o:
Gabinete Técnico de Seguridade e Saúde Laboral 2024
Durante o exercicio 2024 a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) mantén os servizos de información e asesoramento en materia de prevención de riscos laborais ás empresas lucenses a través do seu Gabinete Técnico de Seguridade e Saúde Laboral.
Trátase dun servizo posto en marcha pola organización empresarial co financiamento da Xunta de Galicia.
A través do Gabinete, a entidade elabora informes e publicacións especializadas, facilita asesoramento técnico e normativo ás empresas, en especial a pemes e micropymes, así como a autónomos e emprendedores, a través de persoal especializado, ou realiza diversas actividades de difusión da cultura preventiva como webinarios ou xornadas informativas, entre outras accións.
A CEL lembra que o servizo é totalmente gratuíto para os ususarios, que poden contactar telefónicamente no 982 23 11 50 para realizar consultas ou pedir cita presencial, ou enviando e-mail a gabinete.prl@cel.es.