Escrito o:
A sangría que non cesa: o número de empresas concursadas increméntase nun 30,1% no primeiro trimestre de 2013
Un total de 2.661 empresas declaráronse en concurso de acredores durante o primeiro trimestre do ano, un 30,1% máis que durante o mesmo período do pasado 2012, segundo recóllese nos datos provisionais da Estatística do Procedemento Concursal (EPC) publicados hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE).
Tendo en conta a actividade económica das empresas, os sectores máis afectados por esta sangría que non cesa son os de construción (o 25% das empresas concursadas durante os primeiros meses de 2013 pertencía a este sector), comercio (cun 17,1% dos concursos) e industria e enerxía, co 16,3%.
Igualmente, son as empresas de menor tamaño as que máis ven afectadas por procesos concursais: o 74,1% son pequenas empresas, con menos de 20 asalariados e, destas, o 16% ten cero asalariados.
Lugo
Durante o primeiro trimestre de 2013, 21 empresas declaráronse en concurso en Lugo, o 15,78% do total de concursos rexistrados en Galicia neste período (133). Na Coruña declaráronse 53 empresas en concurso, en Pontevedra 46 e en Ourense, 13.
No entanto, atendendo á taxa de variación anual, Galicia é unha do tres únicas comunidades que rexistran descenso no número total de deudores concursados (persoas físicas sen actividade empresarial máis empresas), concretamente un 7,6%.