Voltar atrás

Escrito o:

Os nosos retos PRL 2024

Xa coa mirada en 2024, pómonos en marcha para afrontar o novo ano coa máxima atención á seguridade e saúde nas nosas contornas de traballo. 

Desde a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), que ofrece información e asesoramento gratuíto ás empresas de Lugo en materia de Prevención de Riscos Laborais no marco de diferentes programas de actuación, establecemos retos específicos en materia PRL que actuarán de eixo transversal nas accións (publicacións, xornadas e outros eventos divulgativos) que desenvolveremos ao longo do novo ano.

Así, para 2024, seleccionamos catro retos a abodar en materia de prevención de riscos laborais:

  • Promover a avaliación do impacto do envellecemento na xestión preventiva das empresas.
  • Promover a consideración da perspectiva de xénero na xestión preventiva das empresas.
  • Analizar como afecta o cambio climático á seguridade e saúde no traballo.
  • Prestar atención aos diferentes riscos segundo o posto de traballo e o sector de actividade.


Trátase de cuestións xa recollidas, entre outras, como prioritarias tanto na Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo 2023-2027 como na Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: Horizonte 2027.