Voltar atrás

Escrito o:

Que é un certificado de profesionalidade?

Un certificado de profesionalidade é un documento oficial, válido para todo o territorio nacional, expedido polo Servizo Público de Emprego e polos órganos competentes de cada unha das Comunidades Autónomas (no caso de Galicia a Consellería de Traballo e Benestar), que permite acreditar a capacitación para o desenvolvemento dunha determinada actividade laboral.

Esta acreditación realízase dacordo coas cualificaciones profesionais establecidas no Catálogo Nacional de Cualificaciones Profesionais, adquiridas a través de procesos formativos ou do proceso de recoñecemento da experiencia laboral e de vías non formais de formación.

Segundo se indica na normativa reguladora, un certificado de profesionalidade configura un perfil profesional entendido como conxunto de competencias profesionais identificable no sistema produtivo e recoñecido e valorado no mercado laboral.

Vías de acceso

O acceso a un certificado de profesionalidade pode ter lugar por varias vías, unha delas demostrando unha determinada experiencia laboral ou formación adquirida a través de vías non formais, o que pode realizarse a través de procesos de acreditación de competencias convocados periodicamente polas Administracións Públicas; outra a través de cursos ou accións de formación ofertados por centros de formación profesional ou entidades como a Confederación de Empresarios de Lugo.

Niveis

Existen tres niveles de certificado de profesionalidade. Para acceder á formación asociada aos certificados de nivel 1, non se esixe ningún requisito de formación previa. Con todo, para o acceso aos certificados de nivel 2 requírese estar en posesión dalgún os títulos de ESO, 2º de BUP, técnico en FP ou técnico dun Ciclo de Grao Medio de FP. Pola súa banda, para o acceso aos certificados de nivel 3, requírese estar en posesión de título de Bacharelato, COU, técnico de FPII ou técnico de Ciclo de Grao Superior de FP.

Tamén se poderá acceder á formación asociada ós novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 superando as probas de competencias clave requeridas para cada nivel e convocadas tamén de forma periódica polas Administracións competentes.

As páxinas web do SEPE e da Consellería de Traballo e Benestar ofrecen ampla información sobre os certificados de profesionalidad (normativa reguladora, vías de acceso, proceso de solicitude, etc.)