Escrito o:
XORNADA INFORMATIVA | Oportunidades de financiación e inversión
A CEL organiza, co apoio da Deputación de Lugo, unha xornada informativa sobre oportunidades de financiamento e investimento, nas que se realizará un repaso sobre os fondos Next Generation e outros apoios ás pemes. O vindeiro martes, 28 de novembro de 2023, a partir das 10:00 horas, en formato presencial, na sede da CEL.
Segundo informes do Banco de España, as pemes perciben nos últimos tempos un endurecemento das condicións financieiras e de acceso ao crédito, entre outros motivos, como consecuencia das sucesivas subidas de tipos do Banco Central Europeo (BCE). Nembargantes, as oportunidades de financiación axeitada a cada proxecto son variadas nestes momentos, entroutras, vencelladas aos Fondos Next Generation e a outras liñas de apoio ao tecido empresarial.
Co fin de analizar este escenario, convócase unha xornada con formato almorzo de traballo na que se contará coas aportacións de representantes de ABANCA e AFIGAL (ver programa completo ao final desta entrada).
Prazas limitadas: obrigatoria inscrición a través desta LIGAZÓN.