Escrito o:
Unha trintena de empresarios de Lugo déronse cita para informarse sobre as novas axudas do Igape
Unha trintena de empresarios déronse cita, vía presencial e online, na xornada informativa Apostando pola internacionalización e a sustentabilidade que tivo lugar esta semana na sede central da CEL.
Oganizada no marco da iniciativa Conecta Lugo de CEL e Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), o encontro buscaba nesta ocasión profundar no mapa de apoios do Igape, e máis concretamente as liñas de axuda a empresas actualmente en vigor, correspondente aos programas Galicia Exporta e Loxística Avanzada.
A xornada contou coas achegas de Milagros Fernández Gómez, técnica do Igape na área de Lugo e Hugo Criado, CEO da consultora Medrar Smart Solutions, especializada en innovación e empresa colaboradora da CEL na posta en marcha do proxecto Conecta Lugo, así como de representantes das empresas Campomayor e Cecoagro, que explicaron a súa experiencia na posta en macha de proxectos de mellora.
Lembramos que para máis información e asesoramento sobre estas axudas pódese optar, de forma gratuíta, aos servizos de asesoramento personalizado en innovación do programa CONECTA LUGO, que pode solicitarse A TRAVÉS DESTA LIGAZÓN.