Voltar atrás

Escrito o:

WEBINARIO PRL | Oportunidades e riscos en seguridade e saúde no traballo na era dixital

Estes días conmemórase a a Semana Europea da Seguridade e a Saúde no Traballo, cita organizada anualmente pola Axencia Europea da Seguridade e a Saúde no Traballo (EU - OSHA) co obxectivo de unir esforzos na concienciación ao redor da prevención de riscos laborais.
 
Este 2023 a EU - OSHA inicia unha campaña divulgativa, que se prorrogará até 2025, e que leva por título "Traballos seguros e saudables na era dixital", destinada a sensibilizar, proporcionar recursos prácticos e reunir aos grupos de interese ao redor da necesidade de abordar os retos e oportunidades en materia de seguridade e saúde en contornas laborais nos que as tecnoloxías dixitais teñen cada vez un maior impacto. 
 
Dende a CEL, a través do noso Gabinete Técnico de Prevención de Riscos Laborais, sumámonos e a este evento informando da campaña e organizando un webinario informativo que terá lugar o xoves 26 de outubro, ás 11:00 horas, e que contará coas achegas de Jaime Villaverde Hevia, director técnico nacional en PRL de Ibersys Seguridade e Saúde S.L. A inscrición xa pode formalizarse a través desta ligazón