Escrito o:
OBRADOIRO | Brainstorming: a innovación como futuro no turismo
Ribadeo acolle o próximo mércores, día 25 de outubro, un obradorio sobre innovación no sector turístico. Terá lugar no Real Club Náutico de Ribadeo en horario de 10:30 a 13:00 horas, e está organizado no marco do programa Conecta Lugo, posto en marcha pola Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) co apoio da Xunta de Galicia a través de GAIN e o Igape con obxectivo de promover un maior coñecemento e aproveitamento por parte das empresas de Lugo das axudas en materia de innovación da Xunta e outros apoios autonómicos.
O obradoiro, de carácter intensivo e práctivo, busca acadar que cada empresa participante poida expor as problemáticas que se atopa no seu día a día para adaptar o seu negocio e modernizarse segundo as ás esixencias en materia de innovación. Trátase dun evento de traballo, con elaboración dunha DAFO conxunta entre asistentes, relatores e técnicos especializados que busca que as empresas participantes leven unha mochila de ideas e solucións para as súas iniciativas empresariais.
Máis concretamente, o obradoiro contará coa participación de técnicos especializados en innovación da Axencia Galega de Innovación (GAIN) así como con técnicos do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE); co presidente do Cluster de Turismo de Galicia, Cesáreo González Pardal; co director adxunto da aceleradora Turislab Galicia, Manuel G. Garcia ou coas experiencias de Roberto Fraga, CEO e fundador de Pilgrim, e Pepe Formoso Mourelos, patrón do Buque Hotel Bela Fisterra (ver programa ao final desta entrada)
As prazas son limitadas. A reserva pode tramitarse a través desta LIGAZÓN.