Escrito o:
Formación en Prevención de Riscos Laborais 2023
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) impartirá en próximas datas, co financiamento da Xunta de Galicia, unha nova programación en materia de prevención de riscos laborais conformada por un total de oito cursos gratuítos, destinados tanto a desempregados como a traballadores e empresarios da provincia de Lugo.
Estas accións formativas desenvolveranse entre os meses de setembro e outubro en Lugo, en modalidade de teleformación ou presencial, dependendo da materia.
Máis concretamente, a formación de seguridade e saúde deste ano 2023 abordará cuestións como "Condución Preventiva"; "Básico de saúde laboral para delegadas e delegados de prevención"; "Programa Delt@: xestión de accidentes de traballo"; "Manexo seguro de carretillas elevadoras" e "Manexo seguro de plataformas móbiles de persoal" (máis info no pdf adxunto a esta entrada).
Prazas e inscrición
As prazas son limitadas (máximo 15 - 18 alumnos por acción formativa) e cubriranse por orde de inscrición, que está aberta para o tres primeiros cursos:
Inscrición CURSO DE CONDUCIÓN PREVENTIVA (do 18 de setembro ao 24 de outubro de 2023)
Inscrición CURSO BÁSICO DE SAÚDE LABORAL PARA DELEGADOS E DELEGADAS DE PREVENCIÓN (do 25 de setembro ao 20 de outubro de 2023)
Inscrición CURSO PROGRAMA DELT@: XESTIÓN DE ACCIDENTES DE TRABALLO (do 2 ao 20 de outubro de 2023)
Máis información e consulta de dúbidas a través da CEL (Tel. 982 23 11 50).
Estas accións de formación organízanse ao amparo da Orde de 31 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2023, co financiamento da Xunta de Galicia.