Escrito o:
XORNADA CONECTA LUGO | Innovapeme-Deseñapeme 2023 e axudas IGAPE
O próximo día 13 de xullo, xoves, está prevista en Ribadeo (presencial con posibilidade de asistencia por videoconferencia), unha xornada informativa sobre as convocatorias das axudas Innovapeme e Deseñapeme da Axencia Galega de Innovación (GAIN) para o ano 2023, así coma de axudas de IGAPE para este mesmo exercicio.
Esta xornada enmárcase dentro das actuacións do programa CONECTA LUGO, posto en marcha pola Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) co apoio da Xunta de Galicia a través de GAIN e o Igape con obxectivo de promover un maior coñecemento e aproveitamento por parte das empresas de Lugo das axudas en materia de innovación da Xunta e outros apoios autonómicos.
Innovapeme e Deseñapeme buscan dar resposta ás necesidades das pemes, en especial as menos innovadoras de sectores tradicionais, paliando a súa falla de recursos e coñecemento en materia de innovación. A través de DeseñaPeme apóiase a innovación en produto, servizo e experiencias, ademais de marca e identidade; mentres que InnovaPeme céntrase na innovación en procesos e organización.
Programa
A xornada terá lugar en horario de 11:00 a 14:00 horas no Hotel Gastronómico Araucaria Ribadeo en presencial, se ben está prevista tamén a posiblidade de asistencia telemática. Contará coas intervencións da directora de GAIN, Patricia Argerey, e o secretario xeral da CEL, Jaime López, así como de técnicos de GAIN e Igape e representantes de empresas que contarán a súa experiencia coas axudas obxecto de análise no evento (concretamente Granja Campomayor, Pescados Rubén e NIGAL). Programa completo descargable ao final desta entrada.
A asistencia é gratuita pero as prazas limitadas, polo que é imprescindible inscribirse A TRAVÉS DESTA LIGAZÓN.