Voltar atrás

Escrito o:

XORNADA INFORMATIVA | Programa DIGALICIA

A sede central da CEL acolle o próximo día 27 de xuño, ás 13:00 horas, unha xornada informativa sobre o Programa DIGALICIA, unha iniciativa de formación e tutelaje orientada a fomentar a transformación dixital das pemes galegas. DIGALICIA finánciase a través dos fondos Next Generation UE do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia Económica e enmárcase na proposta "Xeración Dixital", liderada pola Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial (SEDIA) do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI). 

Este programa ten unha parte destinada a directivos, que inclúe sesións virtuais interactivas, talleres personalizados "in situ", material de aprendizaxe en liña e apoio ou soporte continuo aos participantes que se prolongará finalizada a fase formativa para garantir a implementación das estratexias de dixitalización aprendidas. As pemes participantes teñen ademais a posibilidade de solicitar axudas de até 20.000 euros para a contratación de expertos en dixitalización.

Ao final desta entrada se adxunta máis información sobre DIGALICIA.

Para asistir á sesión do día 27, que finalizará cunha sesión networking e aperitivo, é imprescindible reservar praza A TRAVÉS DESTA LIGAZÓN.