Escrito o:
WEBINARIO | Igualdade na empresa, un reto a acadar
A día de hoxe, multitude de empresas seguen sen adaptarse á Lei de Igualdade e á normativa que a desenvolve.
Segundo diferentes estudos, moitas das empresas obrigadas, ou ben non dispoñen dun Plan de Igualdade ou o que han implementado non é o idóneo. Na mesma liña, os Protocolos de Prevención do Acoso constitúen unha obriga para todas as empresas que en moitos casos é aínda descoñecida ou mal aplicada.
É por esta razón que a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), a través do Gabinete Técnico en materia de Igualdade Laboral e de Oportunidades e contra a Fenda Salarial, organiza para o próximo día 22 de xuño, xoves, en horario de 10:00 a 13:00 horas un webinario informativo de carácter intensivo a través do que se tratará de sinalar os puntos chave para dar debido cumprimento nas empresas á normativa de igualdade, con especial atención ás especificacións dos Plans de Igualdade e Protocolos Antiacoso.
No webinar intervirán Verónica Suárez García, avogada do Ilustre Colexio de Abogados de Madrid, actualmente directora da área procesal da firma Frago & Suárez Abogados Penalistas e con dilatada experiencia en materia penal, así como en diversidade e igualdade na empresa; e Judith Vilá San Claudio, avogada socia da consultoría de igualdade genera.t, especialista en igualdade e violencia de xénero e experta en mediación laboral e contencioso- administrativo.
A asistencia é gratuíta, pero as prazas son limitadas polo que se require inscrición na seguinte ligazón: