Voltar atrás

Escrito o:

CURSO | Promoción para a igualdade efectiva de mulleres e homes en materia de emprego

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza, no marco do programa de accións formativas dirixidas á capacitación para o desenvolvemento de funcións relacionadas co Diálogo Social e a Negociación Colectiva, un novo curso formativo no que se profundará nos diferentes aspectos da "Promoción para a igualdade efectiva de mulleres e homes en materia de emprego".

Entre outras cuestións, profundarase en conceptos básicos da teoría de xénero ou análise da contorna laboral para a xestión das relacións laborais desde unha perspectiva de xénero. Máis información no programa descargable ao final desta entrada.

O curso, dun total de 150 horas, terá lugar en modalidade de teleformación entre os días 20 de xuño e 3 de octubre de 2023. Está dirixido a empresarios e traballadores de entidades do sector privado, especialmente aqueles de áreas relacionadas coa xestión de recursos humanos e a promoción da igualdade e a conciliación en contornas laborais.

As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición que pode tramitarse na seguinte ligazón:

INSCRICIÓN CURSO PROMOCIÓN DA IGUALDADE EFECTIVA DE MULLERES E HOMES EN MATERIA DE EMPREGO