Escrito o:
Gabinete Técnico de Seguridade e Saúde Laboral 2023
Un ano máis, a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) ofrece servizos de información e asesoramento en materia de prevención de riscos laborais ás empresas lucenses a través do seu Gabinete Técnico de Seguridade e Saúde Laboral.
Trátase dun servizo posto en marcha pola organización empresarial co financiamento da Xunta de Galicia. A través do Gabinete, a entidade elabora informes e publicacións especializadas, facilita asesoramento técnico e normativo ás empresas, en especial a pemes e micropymes, así como a autónomos e emprendedores, a través de persoal especializado, ou realiza diversas actividades de difusión da cultura preventiva, entre outras accións.
A CEL lembra que o servizo é totalmente gratuíto para os ususarios, que poden contactar telefonicamente no 982 23 11 50 para realizar consultas ou pedir cita presencial.