Voltar atrás

Escrito o:

WEBINARIO | Lei de Protección das Persoas Informantes

O pasado 13 de marzo entrou en vigor a Lei 2/2023, de 20 de febreiro, reguladora da protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción, que é a transposición dunha Directiva da Unión Europea do ano 2019.

As empresas de máis de 249 traballadores teñen até o 13 de xuño do presente ano 2023 para implementar unha canle de denuncia adaptado aos requisitos que establece esta nova normativa, mentres que o prazo para as que teñen entre 50 e 249 empregados finaliza en decembro. 

Ademais, esta normativa entra en estreita relación con outras obrigacións do empresariado en materia igualdade. 

Tendo en conta o anterior, é importante coñecer as luces e sombras desta nova normativa. Por iso, a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), a través do Gabinete Técnico en materia de Igualdade Laboral e de Oportunidades e contra a Fenda Salarial, organiza para o próximo día 2 de xuño, venres, en horario de 10:30 a 12:30 horas un webinar informativo a través do que se tratará de sinalar os puntos crave para dar debido cumprimento á lei e, ao cabo, evitar as cuantiosas sancións (de até 1 millón de euros) preceptuadas na devandita norma.

No webinar intervirán Verónica Suárez García, socia responsable da área Procesual de Frago & Suárez Avogados Penalistas e Eduardo Navarro, conselleiro executivo de Becompliance, vicepresidente de CUMPREN (Asociación de Profesionais de Cumprimento Normativo) e director de posgraos na Universidade Complutense de Madrid (Máster en Compliance e Experto en Xestión de Canles de Denuncia). Ademais ostenta desde fai máis de quince anos cargos de responsabilidade en materia de ESG (Environmental, Social and Governance) en organizacións de recoñecido prestixio como Grupo Pascual.

A asistencia é gratuíta, pero as prazas son limitadas polo que se require inscrición na seguinte ligazón:

INSCRICIÓN WEBINARIO LEI PROTECCIÓN PERSOAS INFORMANTES