Voltar atrás

Escrito o:

A CEL impartirá sete xornadas informativas en materia de igualdade nas próximas datas

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) ten prevista desde finais de maio e durante o mes de xuño unha ampla programación divulgativa en materia de igualdade, organizada pola entidade co financiamento da Xunta de Galicia e o Ministerio de Traballo e Economía Social (SEPE) co obxectivo de incrementar o coñecemento e competencias en materia de igualdade laboral e de oportunidades entre as empresas da provincia de Lugo.

En concreto, a organización empresarial ten prevista a celebración de sete xornadas informativas e divulgativas, na modalidade online e nos que poderán participar até 140 persoas en total.

Más específicamente, celebrarnse as seguintes xornadas: 

  • XORNADA "Antecedentes históricos e sociais da igualdade. Bases legais da igualdade" | De 30 de maio a 1 xuño | INSCRICIÓN
  • XORNADA "Aspectos básicos sobre o Plan de Igualdade"  | Do 2 ao 6 de xuño | INSCRICIÓN
  • XORNADA "Técnicas para a definición, planificación, desenvolvemento e avaliación de plans e medidas de desenvolvemento en igualdade"  | 7 - 9 de xuño | INSCRICIÓN
  • XORNADA "Linguaxe inclusiva"  | 13 de xuño | INSCRICIÓN
  • XORNADA "Violencias sexuais no ámbito laboral"  | 15 de xuño | INSCRICIÓN
  • XORNADA "Inserción laboral" | Do 13 de xuño ao 15 de xuño | INSCRICIÓN
  • XORNADA "Sensibilización ambiental e na igualdade de xénero" | Do 16 ao 20 de xuño | INSCRICIÓN


As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Pódese participar en varias accións á vez, de feito nalgúns casos os programas son complementarios. Máis información de cada xornada nos programas descargables ao final desta entrada.

Esta programación divulgativa enmárcase nas actividades do Gabinete Técnico en materia de Igualdade Laboral e de Oportunidades e contra a Fenda Salarial, posto en marcha pola CEL co financiamento da Xunta de Galicia e o Ministerio de Traballo e Economía Social (SEPE) e coa coordinación da Confederación de Empresarios de Galicia.  

Obrigación empresarial de informar e formar

É importante resaltar que as diferentes normativas que teñen impacto na promoción da igualdade ou a prevención do acoso no ámbito laboral promoven tamén a necesidade de informar e formar nesta materia. En concreto, por exemplo a Lei Orgánica 10/2022, de 6 de setembro, de garantía integral da liberdade sexual inclúe no seu Artigo 12 "Prevención e sensibilización no ámbito laboral" establece especificamente a obrigación para as empresas de "ofrecer formación para a protección integral contra as violencias sexuais a todo o persoal ao seu servizo". A participación de empresarios e traballadores/as en accións divulgativas e informativas como as organizadas pola CEL no marco do seu Gabinete Técnico en materia de igualdade axuda ao cumprimento desta obrigación.