Escrito o:
XORNADA INFORMATIVA | Contorna de traballo seguro e saudable como dereito fundamental
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza a xornada informativa "Contorna de traballo seguro e saudable como dereito fundamental" coincidindo coa conmemoración do Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo 2023, o próximo 28 de abril.
Contará coas achegas de Pedro Bruzos, director técnico de Previsonor (Grupo Isonor), que se achegará aos beneficios para empresas e traballadores dunha axeitada xestión preventiva, medidas a pór en marcha para lograr contornas de traballado saudables ou igualdade e perspetiva de xénero. Máis información no programa descargable ao final desta entrada.
En formato híbrido, celebrarase presencialmente na sede central da CEL e retransmitirase tamén online, ás 10:00 horas.
As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de insripción que pode tramitarse a través desta ligazón:
INSCRICIÓN XORNADA DÍA SEGURIDADE E SAÚDE NO TRABALLO 2023
Esta actividade organízase no marco das actuacións do presente exercicio do Gabinete Técnico de Seguridade e Saúde da CEL, un servizo posto en marcha pola organización empresarial co financiamento da Xunta de Galicia para facilitar información e asesoramento ás empresas da provincia de Lugo en materia de prevención de riscos laborais.